O Concello de Barbadás organiza cara o Nadal a campaña de dinamización comercial “ReVive os comercios de Barbadás” que consistirá na distribución entre a clientela de cincocentos bonos dixitais de desconto por valor de 10 euros cada un.
A campaña de Nadal, organizada para promocionar o comercio do Concello, comezará o día 1 de decembro e rematará o día 19 de decembro ou, no momento no que se troquen os cincocentos bonos ofertados (no caso de que esto aconteza antes da data indicada como remate da campaña). Durante este período, o cliente poderá descargarse 2 bonos de desconto de 10 euros cada un, que poderá trocar nunha compra de importe mínimo de 30 euros nun dos establecementos adheridos á promoción. Os bonos non serán acumulativos na mesma compra.
DURACIÓN DA CAMPAÑA:
DO 1 DE DECEMBRO AO 19 DE DECEMBRO (OU ATA FIN DOS BONOS DISPOÑIBLES)
Como se pode acceder aos bonos de desconto?